Lolo

Disponível somente no TrabalhosFeitos
  • Páginas : 66 (16490 palavras )
  • Download(s) : 0
  • Publicado : 20 de dezembro de 2012
Ler documento completo
Amostra do texto
NORMAS
HABITAT
GALEGO

07

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO. DIRECCIÓN XERAL DE FOMENTO E CALIDADE DA VIVENDA
CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO. D. XERAL DE FOMENTO E CALIDADE DA VIVENDA

1

DECRETO /2007, DO DE , POLO QUE SE APROBAN AS NORMAS DO HÁBITAT GALEGO

INDICE
PREÁMBULO
CAPITULO I

DISPOSICIÓNS XERAIS

- Artigo 1......... Obxecto
- Artigo 2......... Ámbito de aplicación
-Artigo 3 ........ Coordinación co planeamento
- Artigo 4......... Verificación do seu cumprimento
- Artigo 5......... Comité Asesor de Habitabilidade
- Artigo 6......... Convenios de colaboración
- Artigo 7......... Inspección

CAPITULO II

VIVENDAS NOVAS

- Artigo 8......... Vivendas no ámbito de planeamento xeral sen ordenación detallada
- Artigo 9......... Vivendas no ámbito deplanemento xeral con ordenación detallada
- Artigo 10 ....... Innovación tipolóxica e construtiva

CAPITULO III

VIVENDAS EXISTENTES

- Artigo 11........ Trámite de excepcionalidade
- Artigo 12........ Rehabilitación funcional
- Artigo 13 ....... Ampliacións e reformas
- Artigo 14........ Rehabilitación en áreas con instrumentos de protección non adaptados
- Artigo 15........ Plans especiaisde protección e habitabilidade

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO. D. XERAL DE FOMENTO E CALIDADE DA VIVENDA

2

PREÁMBULO

Como consecuencia do desexo da sociedade galega de mellorar o deseño, calidade e
funcionalidade das vivendas procédese a modificación da vixente normativa de habitabilidade
e proponseunha nova regulación para o desenvolvemento do hábitat galego.
Asemade, durante estes últimos anos véñense producindo importantes cambios na regulación
básica da edificación que afectan significativamente á configuración física dos espazos da
vivenda.
Por outra banda, tendo en conta que a viabilidade e aceptación deste Decreto, dependerá
en gran medida da súa adaptabilidade á realidadeurbanística vixente, é polo que se estrutura
de tal xeito que a totalidade da súa normativa só é de aplicación no novo planeamento, sendo
parcial nos planeamentos aprobados ou en execución, así como nas actuacións directas no
solo urbano.

O Decreto 311/92 que revisaba ó anterior 240/89, tiña un formulación sobre a habitabilidade
excesivamente clásico e limitado a aspectos básicos da edificación devivendas, aspectos que
non deben ser esquecidos na nova normativa, pero deberanse axustar á importancia real que
teñen.
O longo tempo transcorrido dende a súa aprobación e a ampla experiencia que os profesionais
e as administracións teñen da súa aplicación, dan pé a plantexar a elaboración dunha
normativa do hábitat galego que harmonice có Código Técnico da Edificación así como outrasnormativas técnicas sectoriais, cuxo contido ten unha ampla influenza na determinación dos
espazos dos edificios como pode ser o Decreto de Accesibilidade.
Sendo unha competencia municipal, a verificación das condicións de habitabilidade; regúlase
nesta normativa o procedemento que permitirá á Consellería de Vivenda e Solo inspeccionar a
calidade das vivendas en defensa dos usuarios das mesmas.Ademais de establecerse un
procedemento amplamente demandado polos concellos, profesionais e os usuarios das
vivendas que permita unificar criterios no conxunto de Comunidade Autónoma, así como
resolver as dúbidas que a interpretación da nova normativa xenere.
Unha dobre evolución produciuse durante a vixencia do derrogado Decreto de Habitabilidade.
Por unha parte, unha evolución da sociedade, queestá a producir unha modificación do
estereotipo de familia, cunhas necesidades de habitabilidade diferentes.

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO. D. XERAL DE FOMENTO E CALIDADE DA VIVENDA

3

Doutra parte, experimentouse unha grande evolución técnica, tanto en materiais como nos
procesos de construción, que tamén se teñen en conta nesta norma.
Quérense ter en conta tamén novos conceptos...
tracking img